DeportesÚltima hora

O valdeorrés Paco Bao participa no circuíto “Correndo por Ourense”, na Ponte

 

Na pasada fin de semana o atleta veterano valdeorrés Paco Bao (Adas Cupa do Barco) sumaba unha proba máis ao seu extenso palmarés. Acudía á sexta carreira do circuíto “Correndo por Ourense”, que se celebraba no barrio da Ponte o domingo 24 de setembro. Era a súa carreira número 683.

“Despois da operación, empecei con 2 millas e agora veu unha carreira de case 6 kmts. en Ourense . E con vistas á cita número 684 na Rúa o vindeiro domingo, que será o Gran Premio de Montaña A Rúa”, adianta este deportista barquense.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button