DeportesÚltima hora

O valdeorrés Paco Bao retoma a competición na XXXV Milla de la Encina, en Ponferrada

 

Despois de case dous meses de parón, por dunha intervención cirúrxica, o atleta valdeorrés veterano Paco Bao (Club Adas Cupa do Barco) volvía incorporarse á competición nesta fin de semana. Tomaba a saída o 9 de setembro na XXXV Milla de la Encina en Ponferrada, unha cita que remataba de maneira positiva e pensando xa na seguinte proba.

“Foi todo OK e a vida segue. Esta foi a miña carreira 681”, comenta este atleta valdeorrés, que xa estaba desexando volver aos circuítos. De feito a carreira 682 será a vindeira edición da Milla Urbana do Barco, prevista para o domingo 17 de setembro.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button