Despois de do seu espectáculo “Cantarenas na noite”, no que tomaba como fío condutor os versos de Florencio Delgado Gurriarán, pero tamén a súa experiencia vital dentro e fóra de Valdeorras (en diálogo con imaxes, testemuños e música), o valdeorrés Paco Campos prepara un CD sobre a obra do poeta corgomés.
E vén de adiantar dúas mostras deste traballo a través de youtube. Trátase dos temas “Galiza far wes ta España” e “A noiva jarocha”.
“Estas cancións, xunto con outras e con poemas recitados, formarán parte do CD que estou preparando sobre a obra de Florencio Delgado Gurriarán, que aínda que xa rematou o 2022, voltou pra ficar”, asegura Campos.