CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Visita guiada ao Museo Yosso, no Bolo, como antesala da entrega do V Premio de Poesía FDG

 

A música e a poesía foron os principais ingredientes da gala celebraba no Castelo do Bolo, na que se daba a coñecer ao gañador do V Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, o coruñés Aleixandre Lago Barcala, pero non os únicos.

 

 

De feito a xornada comezaba noutro punto do pobo (a carón do colexio), no Museo Yosso, onde os asistentes puideron desfrutar dos cadros do tamén poeta bolés que asinaba como Xosé de Valbuxán para a escrita  e como Yosso para a pintura, pasando á historia como ‘O cisne de Valbuxán’.

 

 

Entre os numerosos escritos de Xosé hai un adicado ao poeta de Córgomo por iso foi acaída a visita guiada que a súa propia irmá, Marina Porto ofrecía aos asistentes á gala en torno a Florencio Delgado Gurriarán, explican polo miúdo os cadros pintados con delicadeza polo seu irmán con “trazos limpos”, sen un estilo definido.

Na visita tamén estana Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, quen puxo en valor a conexión que había entre Yosso e Florencio, reivindicando tamén a figura doutro poeta valdeorrés, Esteban Enríquez. 

 

 

A música corría tamén a cargo do actor e músico valdeorrés Paco Campos que daba a benvida aos asistentes poñendo música a poemas de Florencio Delgado Gurriarán como Trozo a trozo.

Tras esta parada, o evento trasladábase ao Castelo, onde se entregaban os premios nun acto familiar entre as fortes pedras da fortaleza.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

Máis información e fotos:

Aleixandre Lago gaña o V Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán co seu poema ‘Meditación sobre Patinir’

Artigos relacionados

Back to top button