DeportesFútbolÚltima hora

O Vélez CF (Málaga) lévase o I ‘Trofeo Godello Valdeorras’ de veteranos, na Rúa

Vencía 4-1 ao CD Rúa no partido disputado na tarde deste venres 19 de xullo

 

Na tarde deste venres 19 de xullo volvía o fútbol de veteranos ao campo Vicente Solarat da man do CD Rúa. Recuperando os intercambios futbolísticos con equipos de diferentes partes de España e co viño como excusa, disputaban o I “Trofeo Godello Valdeorras” contra o Vélez CF de Málaga que resultaba vencedor por 1 gol a 4.

Máis alá do ámbito deportivo e por suposto da competición, este tipo de partidos serven para afianzar lazos de amizade e así o demostraban coas cañas que ambos equipos compartían tralo partido.

 

 

Este partido, arbitrado por Carlos López Gudiña, contou coa colaboración das adegas Sampayolo e Alan de Val e da Cooperativa Virxe da Viñas e do Concello, contando coa presenza da alcaldesa María G. Albert e do concelleiro José Vicente Solarat, encargado de entregar os premios.

Fotos: Cedidas/ Álvaro Purre.

Artigos relacionados

Back to top button