DeportesFútbolÚltima horaVerín CF

O Verín CF reforza o equipo de cara á vindeira tempada

Nos últimos días o club vén de facer oficiais varias fichaxes e renovacións

O Verín CF está a reforzar o equipo de cara á vindeira tempada. Así, nos últimos días vén de facer oficiais varias fichaxes e renovacións.

 

Durante un partido na pasada tempada./ Foto: Carlos G. Hervella

 

Así, as fichaxes foron as de Jorge Aires, do Ourense CF; Alberto Ferreiro, gardameta procedente da categoría xuvenil do Ourense CF; Guede, que vén de xogar na Preferente valenciana co Pego CF; e Pana, que xogou en Terceira Divisón co Real Burgos a pasada tempada.

Ademais, renovaron Enio, Dani Chimpín, Camba, Varandela, Teixeira, Pepín, o gardameta Pachi, Maxi, Hugo, David Ginzo, V. Gallego e Fran.

Artigos relacionados

Back to top button