Con 2 graos de temperatura e moita néboa en San Cibrao tomaba a saída o atleta veterano Paco Bao, do Club Adas Cupa do Barco, na XX Carreira Pedreste do Nadal nesta localidade ourensá, cun traxecto de 10 km. “Era a miña carreira: 693 e todo saíu perfecto”, asegura este corredor, xa que ten en mente a súa seguinte cita, que será a Carreira do Turrón do Barco, o 22 de decembro, e xa o día de Noiteboa a Carreira de Nadal da Rúa.
Fotos cedidas.