A pista de petanca do Chao, no Barco de Valdeorras, acollerá o sábado 21 de setembro o VI Campionato de Petanca “Festas do Cristo” que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, de dez a dúas e dende as catro ata o remate.
As incricións poden facerse na propia pista en horario de tarde a partir das 17 horas e tamén no teléfono 627 507 426, ata completar as 24 tripletas. Haberá premios para o 1º, 2º e 3º clasificado por tripleta e premio de consolación ao cuarto clasificado, para o resto haberá un detalle da organización.
A competición está organizada polo Club Petanca Valdeorras que tamén organiza dúas competicións para uns días antes: unha de tute o día 13 (18 horas) e outra do xogo da ra o día 16 (18 horas).