En portadaÚltima hora

O Vía Crucis da Serra (A Veiga), o máis alto de Galicia, recuperarase o Xoves Santo

Partirá ás 15:30h. dende o Alto da Portela e, logo de 14 kms de traxecto, rematará en Lamalonga

Unha das estacións do Vía Crucis da Serra, nunha edición anterior./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre os actos relixiosos que se recuperarán nesta Semana Santa, logo do parón obrigado da pandemia, está o Vía Crucis da Serra, no municipio da Veiga. Cumprirá a súa 21ª edición o vindeiro 14 de abril, Xoves Santo. Este traxecto relixioso de 14 quilómetros, enmarcado pola paisaxe montañosa de Trevinca, volverá facerse o vindeiro Xoves Santo a partir das 153h. e tendo como punto de partida o Alto da Portela.

A partir de aí iniciarase un percorrido con paradas en quince estacións en granito, realizadas por Pepe de Barrio, escultor de Lamalonga xa falecido.

Esta edición será novamente promovida pola Asociación de Cooperación para o Desenvolvemento de Lamalonga “Pepe de Barrio”. Ao remate do Vía Crucis, en Lamalonga, a organización servirá chocolate quente para os participantes.

 

Artigos relacionados

Back to top button