DeportesFútbol salaÚltima hora

O Vianariño FS despide o ano cunha gran vitoria en casa fronte ao Bueu

 

Da mellor forma posible. En casa, diante dunha gran afección e ganando, remataba o ano o Vianariño FS.

 

Vianariño FS./ Foto cedida.
Juanjo Carballo e Xocas Miranda.

 

Logo da última xornada de liga que se resolvía cunha contundente vitoria 9-4 ante o Gondomar, na tarde do sábado 30 de decembro o equipo que dirixe Xocas Miranda saltaba ao parqué do pavillón municipal de Viana do Bolo para xogar o partido ante o Bueu que quedara aprazado no mes de novembro. Un importante partido ante un dos favoritos para ascender que se resolvía cunha nova vitoria para o conxunto local, a sexta consecutiva.

 

A.D.F.S. Bueu.
Os xogadores do Vianariño celebrando un gol.

 

Eran os visitantes os que se adiantaban no marcador cun gol no minuto 3, pero de seguida reaccionaban co primeiro tanto local obra de Manuel Luis. Os pontevedreses atacaban e marcaban pero a superioridade e acerto do Vianariño reflectíase no marcador. Igor marcaba no 18′, Diego no 30′, Javier no 33′, Martín no 36′ e Borja no 37′.

 

 

Ao final 6-3 e fin de ano no 5º  posto con 21 puntos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button