DeportesFútbol salaÚltima horaVídeos

O Vianariño FS lévase o derbi co Tres Cuñados FS disputado no pavillón municipal de Viana do Bolo

Co 8-0 remataba o encontro da xornada 12 en Preferente Galicia disputado na tarde deste sábado 2 de decembro

 

Tras varios meses se poder xogar como locais por un problema no pavillón, na tarde deste sábado 2 de decembro o Vianariño FS reencontrábase coa afección en Viana do Bolo. E facíao ao grande e por partida dobre. Primeiro xogaba o equipo feminino de 1ª Autonómica que perdía 2-4 contra o Cented Academy e despois facíao o sénior que vencía con contundencia ao Pizarras los Tres Cuñados FS nun intenso derbi.

 

Equipo feminino do Vianariño FS./ Foto cedida.

 

O Vianariño FS-Tres Cuñados FS prometía ser un partidazo entre os dous equipos que representan á provincia de Ourense na liga Preferente Galicia, e non defraudaron aínda que os locais foron superiores, goleando aos valdeorreses 8-0.

 

 

Javi adiantaba aos locais co primeiro gol no minuto 11 e tres minutos despois o balón golpeaba no xogador do Tres Cuñados Christian, marcando en propia meta. A partir de aí, os de Xocas Miranda viñéronse arriba sucedéndose os goles: Borja no 21′, Pablo no 22′, Javi volvía marcar no 30′, Iván no 34′, Diego no 35′ a Alejandro no 80′.

 

 

Moitos afeccionados asistían a ver os partidos, e dende o club agradecen aos Concello de Viana do Bolo e Vilariño de Conso “poñer todo da súa parte para que poidamos xogar nas mellores condicións e por arranxar as instalacións, e os de Manzaneda e A Rúa por cedernos todo este tempo os seus pavillóns”.

 

 

O Vianariño FS volverá ao pavillón municipal de Viana do Bolo o vindeiro mércores 6 de decembro para disputar dous partidos aprazados. Ás 16 horas xogará o equipo feminino contra Carballiño FS e ás 18:30 horas faráo o equipo sénior contra Campito Chapela.

 

 

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button