CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O vianés Paulo García consegue o diploma de honra para Galicia na Olimpíada Iberoamericana de Bioloxía

O vianés Paulo Joaquín García Elexpuru.

 

Este venres 9 de setembro finalizou a XV Olimpíada Iberoamericana de Bioloxía, na Universidade Ricardo Palma de Lima, en Perú. Polas circunstancias sanitarias e sociais a cidadade, a participación de España e dos demais países foi telemática, no caso de España desde a Universidade Autónoma de Madrid, co financiamento do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Na competición científica participaron Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, España, Guatemala, México, Perú, Portugal, República Dominicana; e como países observares Panamá, Honduras e Porto Rico.

Os premiados de España foron Diego López Carranza que lograba a Medalla de Ouro para Andalucía; Marc Adrover Pons e Marc Farrés Colom que lograban sendas Medallas  de Prata para Cataluña e Illas Baleares; e Paulo García de Viana do Bolo que lograba o Diploma de Honra para Galicia.

Paulo Joaquín García Elexpuru, finalizou o Bacharelato no IES Carlos Casares de Viana do Bolo, despois de cursar Educación Primaria no CEIP Bibei da mesma localidade. A vindeira semana comeza os estudos de Medicina na Universidad de Deusto, en Euskadi, tendo interés es especializarse en medicina de emerxencia.

 

Participantes e xurado de España, Consuelo Sánchez, presidenta da Olimpiada Española de Bioloxía e Luis Fernández, delegado da olimpíada en Galicia.

 

A competición consistiu nunha proba práctica que incorporou actividades de análises de augas residuais, bioinformática, e sobre as consecuencias dunha vertedura de petróleo que tivo lugar nas inmediacións de Lima, en xaneiro de 2022. A continuación, realizáronse dúas probas teóricas, debendo responder a 150 preguntas de distintos campos da Bioloxía. Os catro representantes de España tiveron que superar previamente as respectivas olimpíadas autonómicas e obter medalla na a última Olimpíada Española de Bioloxía, que tivo lugar na Universidade de Oviedo o pasado marzo.

No acto de clausura Perú entregou a testemuña a España. En setembro de 2023, a XVI Olimpíada Iberoamericana de Bioloxía terá lugar na Universidade Autónoma de Madrid, retornando á presencialidade.

Artigos relacionados

Back to top button