ConcellosEn portadaGalerías de fotosRubiáÚltima horaVídeos

O VII Viñotapeo enche de festa, viño e gastronomía Quereño (Rubiá)

 

Multitude de persoas percorrían a partir das 20h. as rúas de Quereño (Rubiá) neste sábado 10 de xuño seguindo, en boa parte dos casos, o percorrido marcado por unha charanga. Participaban no VII Viñotapeo, un percorrido gastronómico e festivo moi especial que cada edición atrae a máis público. Para poder participar neste singular traxecto tan só era preciso mercar unha entrada (cun prezo de 10 euros) á entrada de Quereño. E con ela entregábase unha taza e un pano. Rozando as dez da noite a organización levaba vendidas unhas 420 entradas.

 

 

Nesta edición eran dez barrios participantes, coas súas correspondentes adegas, que ofrecían viño (branco e tinto) e outras bebidas, xunto con variados e saborosos petiscos ao público. Así entre as propotas gastronómicas había guiso de xabarín con patacas, salchichas envoltas en panceta, chourizos, ovos cocidos, sopas de allo, garavanzos con langostinos (con petisco alternativo, no caso de persoas alérxicas, de atún con pan e pemento), fideuá ou albóndidas, entre outros. Tampouco faltaban os embutidos ou as olivas.

 

 

 

Os barrios que contaban con adegas abertas nesta edición eran os seguintes: O Regueiro, A Currelada, O Quintairo, A Igrexa, As Cortiñas, A Teixeira, a Estación I, Estación II, Estación III e Estación IV.

 

 

 

Finalizado o traxecto, pasadas as once da noite, está previsto que se sirva café e sobremesas caseiras para os participantes na zona da pista. Ademais haberá unha fin de festa con discomóbil e bar. Esta singular celebración está organizada, un ano máis, pola Comisión de Festas de Quereño coa especial colaboración da veciñanza desta localidade valdeorresa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button