SanidadeÚltima hora

O vilamartinés Rafael López recolle o premio ao Mellor Plan Estratéxico de Oncoloxía nas comunidades autónomas

Foto: Asomega.

 

Na 17ª edición dos premios ‘Best in Class’ (BiC), que outorga a publicación especializada en sanidade “Gaceta Médica” e a Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos, entregábanse 34 galardóns nas principais categorías da atención médica.

Entre as distinciones obtidas por Galicia destacaban os premios ao Mellor Plan Estratéxico de Oncoloxía nas Comunidades Autónomas, recollido polo doutor vilamartinés Rafael López (director de Academia Asomega e xefe do servizo de Oncoloxía Médica no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela) e á Mellor Abordaxe en Enfermidades Raras.

Dende Asomega destacan que a tradición galega nestes galardóns vénd e lonxe, así como a presenza neles doutros médicos desta terra na diáspora, como foi o caso no 2017 e 2018 do presidente desta asociación, o neumólogo trivés, Julio Ancochea, e o Servizo de Neumoloxía do Hospital de La Princesa de Madrid que dirixe.

Artigos relacionados

Back to top button