ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Vilaverán 2019 clausúrase coa entrega de diplomas

O acto tiña lugar na mañá do 30 de agosto no Centro Sociocultural Santa Lucía, en Vilamartín de Valdeorras

Despois de dous intensos meses de actividades culturais e lúdicas, o Vilaverán 2019 pechaba as portas na mañá do 30 de agosto. Facíao no Santa Lucía, centro de operacións do campamento de verán organizado polo Concello de Vilamartín de Valdeorras, coa entrega de diplomas. No acto, ao que tamén asistían familiares dos cativos, sorteouse á mascota do campamento, un peixe ao que bautizaron co nome de Dobi, que lle tocou a Nayara.

Tal como avanza a concelleira de Cultura de Vilamartín, os diplomas dos nenos que non asistiron ao acto, que foron moitos, estarán no seu despacho, no Concello, onde poderán recollelos os pais.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button