DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Vilaverán 2019 entra na recta final con charlas, obradoiros e unha festa de despedida

Na mañá de hoxe, 13 de agosto, os cativos asistían a unha charla sobre valores e educación deportiva

Despois de case dous meses de actividades moi variadas, o programa do Vilaverán 2019 organizado polo Concello de Vilamartín de Valdeorras para os cativos de 4 a 12 anos do municipio, entra na recta final.

Na mañá do 13 de agosto, os nenos do campamento de verán, asistían no Centro Sociocultual Santa Lucía a unha charla sobre valores e educación deportiva a cargo de Ramón Sánchez Pérez (Armental), ex árbitro e instrutor de reglas de xogo; e José Luis Quiroga Gómez, ex árbitro e asesor de árbitros de terceira división.

O venres 16 de agosto ás 12 h. haberá un obradoiro de emocións, coa colaboración dunha psicóloga; e o luns día 9 recibirán a visita da Patrulla Felina do Barco “para dar exemplo aos nenos dos coidados que necesitan os gatos”, explican dende o Concello. O día 23 visitarán o xeriátrico; e o día 30 celebrarán a festa de despedida.

As imaxes da galería corresponden á charla sobre deporte desta mañá.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button