ConcellosManzanedaÚltima hora

O xantar do Magosto de Manzaneda, ben aderezado con música, reúne a unhas 200 persoas

 

Arredor da mesa, con moita música e bailes celebraba Manzaneda o seu xantar do Magosto no mediodía deste 11 de novembro, día de San Martiño. Unha 200 persoas desfrutaban desta animada celebración, que se desenvolvía na nave municipal. Nela degustábase un menú a base de empanada de carne e atún, chourizo cocido, costela e castañas asadas, seguidas de bica e café.

 

 

Ademais este magosto, que organizado pola Asociación Cultural A Trabe coa colaboración do Concello de Manzaneda, estaba amenizado coa actuación musical da agrupación local de acordeóns Airiños da Porta Falsa.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button