EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosVídeos

O ‘Xantar gourmet’ das Xornadas Micolóxicas de Trives colga o cartel de completo

 

Cun gran éxito de asistencia se celebraba o ‘Xantar Gourmet’ organizado polo Restaurante La Viúda, no marco das XXII Xornada Micolóxicas que se están desenvolvendo na Pobra de Trives.

 

 

Organizadas polo Club Montaña Trives, as xornadas iniciábanse na tarde de onte coa apertura do Concurso Tapa Micolóxica polos establecementos hostaleiros da vila e xa no mediodía deste sábado 5 de novembro, trala charla e a saída de campo, tiña lugar o xantar que degustaban 110 persoas, tal como indican dende a organización.

 

Fabas con setas./ Foto cedida.

 

Pasta con boletus e salsa de tenreira./ Foto cedida.

 

Lacón asado con setas guisadas./ Foto cedida.

 

Con respecto ao menú, centrado nos cogomelos e elaborado polo cociñeiro Anxo Trives, estaba formado por Fabas con setas; Pasta con boletus e salsa de ternera; Lacón asado con setas guisadas; e Tarta de biscoito.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button