CulturaCulturaÚltima hora

O xoves 31 remata o prazo para conseguir as entradas do ‘Samaín na Rúa Vella’

Samaín na Rúa Vella o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Asociación Sabugueiro ultima os preparativos para o ‘Samaín na Rúa Vella’ que se celebrará o vindeiro sábado 2 de novembro a partir das 16:30 horas dende o atrio da Igrexa de Santo Estevo, cun divertido e “terrorífico” percorrido polas rúas do pobo disfrazados cos máis siniestros disfraces, xogando e recibindo lambetadas. Para conseguilo, os participantes deberán seguir o mapa elaborado pola organización “e ter moito coidado coas meigas, pantasmas e zombies que podes atopar no  camiño”, avisan dende a Asociación Sabugueiro indicando que hai que levar visible a pulseira, seguir as indicacións tanto da organización como de Protección Civil e non tocar aos personaxes.

 

 

Como xa fixeran o ano pasado, haberá dous pases: un infantil (de 16:30 a 17:30 horas) e outro xuvenil (de 19 a 20 horas). Ao remate haberá unha gran chocolatada e o prazo para conseguir as entradas (8 euros na tenda O Colmado) remata o xoves día 31 de outubro.

 

Artigos relacionados

Back to top button