EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O xurado do I Concurso de Maridanza do Barco premia aos restaurantes Piquiño e Il Piacere

Este certame estaba incluído nas XX Xornadas Gastronómicas do Entroido, que concluían o 9 de marzo e nas que participaban oito restaurantes
Os membros do xurado valorando a maridaxe do primeiro restautante visitado, o Pazo do Castro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras visitar os oito establecementos participantes nas XX Xornadas Gastronómicas do Entroido do Barco e valorar as súas propostas de maridaxe entre pratos e viños brancos e tintos, o xurado do I Concurso de Maridanza do Barco emitía o seu fallo. E consideraba que as mellores maridaxes eran realizadas polos restaurantes Piquiño e Il Piacere.

 

Maridaxe do Restaurante Piquiño./ Foto cedida.

 

Así o Piquiño elaboraba a mellor maridaxe con viños brancos ao propoñer o viño Godello sobre Lías Pedrazais da adega Alán de Val co prato “Bolo de vento de bacallau con coiras”. Por outra banda, o ganador á mellor maridaxe en tintos foi Il Piacere con “Canutillos de cecina con foie e confeitura” acompañado polo mencía barrica Codos de Larouco (Viña Costeira).

 

Maridaxe de Il Piacere./ Foto cedida.

O xurado amosábase satisfeito co alto nivel dos pratos presentados ao concurso. Esta formado por Mercedes González (sumiller, Gxerente Asesoría Gastronómica MEmbajadora, directora técnica da revista “Vinos y Cultura” e presidenta de “Vitislucus”), María Bueno Seguín (xornalista de “Galicia en Vinos”), Carmen Fernández (representante para Galicia da Asociación Española de Periodistas e Escritores do Viño), Jesús Rodriguez Carreiras (IES Sanxillao), José Luis Casas Vallés (sumiller e membro do Comité de Cata do CRDO Valdeorras) e Elisa Pérez (enóloga da consultoría Cecilia Fernández).

Nestas xornadas tamén participaban os restautantes Pazo do Castro, La Querida, Fernando III, Chanfainas, Casa Galaica e Cociña do Lar.

 

Artigos relacionados

Back to top button