Nesta Semana Santa non será posible realizar o fermoso percorrido do calvario máis alto e seguramente máis longo de Galicia: o Viacrucis da Serra (entre o Alto da Portela e Lamalonga, na Veiga, con estacións talladas en granito polo artista Pepe de Barrio de Lamalonga).
Sen embargo, a súa organización non renuncia a esta celebración que este ano será moi singular e poderá seguirse dende casa a través dunha serie de vídeos preparados anteriormente. Será o Xoves Santo, 9 de abril, ás 18h. e poderá verse a través do facebook da Asociación Pepe de Barrio.
“Este ano sería a XX edición, e dado que non se pode facer, a Asociación Pepe de Barrio pensou facer unha homenaxe e por iso farémolo así, como recoñecemento a toda esa xente que participa, participou, e sen dúbida participará en próximas edicións”, informan dende esta entidade.
Nesta ocasión, á diferenza doutros anos, os participantes non poderán compartir o tradicional chocolate que ofrece a asociación, pero cada un, na súa casa, poderá desfrutar del para manter pechar esta celebración.