Despois do seu aprazamento polas condicións meteorolóxicas previstas de vento e fortes precipitacións (estaba programado para o 2 de novembro) o Concello da Rúa buscou nova data para a celebración do XXIV Magosto Popular que finalmente terá lugar este sábado 16 de novembro a partir das 19 horas, na Estación de Autobuses.
Por 5 euros, o menú inclúe bolos preñados, empanada, bica, viño e, por suposto, as tradicionais castañas asadas.
As entradas (para quen aínda non as teña) están á venda no Concello.