CulturaCulturaÚltima hora

O XXVI Magosto Popular da Rúa vén acompañado por un ‘especial Samaín’

Magosto na Rúa o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro luns, 31 de outubro, A Rúa celebrará a XXVI edición do tradicional magosto popular. Será coma sempre no recinto da Estación de Autobuses a partir das 19:30 horas e por 5 euros que custará a entrada, os asistentes poderán degustar bolo preñado, empanada, bullotes asados, bica, auga e viño (branco e tinto).

Ademais, este ano o magosto vén acompañado dun ‘especial Samaín’ a cargo do mago Roberto Lolo, que presentará ese mesmo día o seu espectáculo de maxia e sorrisos ‘Mira el Coyote’. Será ás 17 horas no Centro Cultural Avenida e con entrada gratuíta.

 

 

A cousa non queda aí e un día antes, Xoán Curiel e A Banda do Verán chegarán á Rúa para facer pasar aos cativos un Samaín inesquecible. O domingo 30 de outubro, ás 17, porán en escena ‘A casa do terror’. Un espectáculo musical galego para o público infantil que fusiona música, teatro e danza.

Esta actividade á que se recomenda acudir disfradado, está enmarcada no Convenio para o segundo semestre de 2022 entre o Concello da Rúa e a Agadic.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button