Para compartir cos seus clientes os seus vintecinco anos de vida o Café Bar Zig Zag, situado na céntrica rúa Abdón Blando do Barco, ten prevista unha celebración moi especial para a tarde do 15 de xullo. A partires das oito e media ofrecerá bebida e degustacións, cuxos preparativos poden verse nesta imaxe tomada esta tarde. Ademais o ambiente estará animado pola música da man do grupo Blue Stars, que a media tarde probaba o son no local.