En portadaÚltima hora

Obarcoaberto celebra San Valentín regalando a “Rosa do CCA”

 

Coa idea de dar visibilidade á asociación e aos asociados, e ao mesmo tempo dinamizar o espazo comercial e de ocio a asociación Centro Comercial Aberto O Barco celebran cos seus clientes a data máis romántica do calendario.

 

 

Así, na mañá deste mercores 14 de febreiro Obarcoaberto entregaba unha fermosa rosa de madeira como agasallo aos clientes que se achegaban ata a carpa instalada na praza do Concello do Baco, cun tícket de compra dun dos establecementos asociados. Eses tíckets eran ntroducidos nunha urna e realizarase un sorteo de dúas ceas para dúas persoas.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button