CulturaCulturaÚltima hora

Obradoiro de cestería interxeracional para os nenos do campamento de Carballeda de Valdeorras

 

Seguen as sopresas para os participantes no Campamento infantil de verán de Carballeda de Valdeorras. Logo da excursión realizada ao Lago de Carucedo nesta semana, este mércores os rapaces desfrutaban, a partir das 17h., dun obradoiro de cestería no parque de Sobradelo. Con buscábase que os máis pequenos espertaran a súa creatividade botando man de fibras naturais, aprenderan xogando e, ademais en familia, xa que estaban acompañados dos seus pais, nais e tamén avós. Deste xeito tamén se buscaba fomentar un intercambio xeracional.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button