SanidadeÚltima hora

Obradoiro de lactancia materna para embarazadas, o 7 de novembro no Barco

Será organizado por De Nai a Nai e impartirase no local desta asociación ás 18h.
Imaxe dun obradoiro impartido anteriomente por De Nai a Nai./ Foto: A.R.

Achegar o mundo da lactancia materna e informar ás futuras nais deste xeito natural de alimentar ao seu fillo. Este é o obxectivo do obradoiro de “Lactancia Materna para embarazadas” que o grupo de apego á lactancia e crianza con apego “De Nai a Nai” organizará o vindeiro 7 de novembro ás 18h. na súa sede no Barco (no 4º andar do edificio da Biblioteca).

“Esta será a cuarta edición deste obradoiro, que a partir de agora realizaremos dúas veces ao ano para dar acceso a todas as mulleres a información actualizada sobre lactancia coa finalidade de que tomen unha decisión informada sobre a maneira de alimentar ao seu bebé. Abrímoslles así as portas da nosa asociación para que nos coñezan e saiban que podemos axudalas coa súa lactancia materna, recibindo asesoramento de profesionais e todo o apoio doutras nais que xa superaron retos similares aos que as recentes nais vanse enfrontar”, explica Lorena Prada, presidenta de De Nai a Nai.

Ademais dende esta entidade destácase que é “fundamental prepararse de certa maneira para a lactancia, xa que na nosa sociedade actual non convivimos con mulleres lactantes, hai moitísimos mitos ao respecto e ao noso arredor xurden consellos contraproducentes aínda coa intención de axudar”.

Para máis información sobre este obradoiro: teléfono 629471830.

Artigos relacionados

Back to top button