O Concello de San Xoán de Río continúa coas súas actividades de verán. A partir do próximo 31 de agosto, e, ata o venres 4 de setembro, terá lugar a “Semana das Plantas”, unha actividade de manualidades con material de refugallo. Será na Casiña Azul, de 17:30h a 19:00h, excepto o mércores e está recomendada para nenos a partir de 4 anos.