En portadaÚltima hora

Obradoiro de produtos de tempada, cata e concurso de pratos caseiros, no Barco

As actividades forman parte do proxecto "Gastromímate" e desenvolveranse o 10 de decembro na praza de abastos

Imaxe de arquivo do interior da praza de Abastos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Enmarcada no proxecto Aevaemprégate IV, financiado pola Deputación de Ourense, AEVA organiza este sábado, día 10 de decembro, unha actividade que discorrerá na praza de abastos do Barco. Entre as 10.30 e e as 12.00 horas, as persoas participantes poderrán descubrir unha nova cara do mercaado, da man da nutricionista e tecnóloga dos s alimentos Ana Isabel Fernández Escuredo, quen afondará no valor do produto de tempad da e Km 0 a través dun percorrido explicativvo polos postos do recinto no que encher a ces sta da compra de forma consciente. A sesión inclúe, ademais da visita, unha cata de viños s de Valdeorras e dalgúns alimentos de tempada, a cargo da sumiller Mercedes González Rodríguez.

A actividade pecharase cu un concurso gastronómico, aberto a toda as as persoas que queiran participar, que só teran que levar á praza de abastos algunha preparación elaborada con produtos de tempada da zona: chulas de cabaza, torrta de castaña ou calquera outra preparación c con alimentos de Valdeorras.

A inscrición para a sesión no mercado e o concurso de cociña amateur, de balde e aberta ata o día 9 de decembro, pode facerse enviando os datos necesarios a a AEVA a través do correo electrónico (aeva@empresariosdevaldeorras.com) ou desde a páxina web da entidade. Na comunicación nas persoas que queiran sumarse deberá án indicar o nome completo, un teléfono de conntacto e un correo electrónico e, en caso d de querer participar no concurso culinario, o prato co que van participar. As prazas est tán limitadas a 24 participantes.

Dentro das xornadas “Gastromímate, unha ponte de sabores”, o II Concurso de Maridanza arrancou o pasado luns, día 55, en oito establecementos hostalería, e está á en marcha ata o domingo. A cidadanía xa pode catar as propostas dos locais, cunha ración e un viño da DO Valdeorras, e votalas ata a o sábado, día 10.

A entrega de premios terá lugar o domingo 11 de decembro, ás 12.30 horas, nun acto que estará precedido du un percorrido polo Malecón coa participación da regueifeira Lupe Blanco Vázquez, quen saacará o mellor das súas dotes interpretativas e d de improvisación oral nun roteiro aberto a qu uen queira sumarse á comitiva.

Artigos relacionados

Back to top button