SanidadeÚltima hora

Obradoiro infantil de manualidades, na 10ª Semana da Lactación do Barco

 

Dende tapóns de corcho ou cartóns de ovos, ata anacos de feltro reciclados. Eran algúns dos materiais cos que traballaban os máis pequenos no taller infantil de manualidades co que se encetaba o 2 de outubro a 10ª Semana da Lactación Materna do Barco, que promove a Asociación De Nai a Nai.

O obradoiro, no que se inscribían 15 nenos e nenas de diferentes idades, estaba a cargo da responsable de crianza da asociación, Silvia Arias, e desenvolvíase no local da entidade (no 4º andar do edificio da Biblioteca do Barco. O programa desta Semana da Lactación, inclúe ademais dúas charlas, unha delas tiña lugar onte, e nela a enfermeira Maite Álvarez contaba a súa experiencia como nai dun neno con alerxia á proteína do leite de vaca.

 

 

A seguinte charla está prevista para mañá ás 17:30h. Antía Fernández, enfermeira e asesora de lactación, abordará o tema da extracción e conservación do leite materno. Terá lugar, como a anterior, no local da asociación. A entrada é libre.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button