EconomíaEconomíaÚltima hora

Obradoiro infantil para celebrar o Día do Pai, na Tenda da Rita do Barco

 

Cunha orixinal proposta a Tenda da Rita do Barco conmemorará o Día do Pai o vindeiro 16 de marzo ás 17h. Trátase dunha “merenda dirixida ás/ós pequenos da casa onde eles mesmos cos seus pais e nais elaborarán una receta doce e outra salgada con ingredentes propios á venda na tenda e dirxidos por Oliver Fernández da empresa Slowfood Valdeorras e Como en Casa”, adianta o responsable deste establecemento, Jorge Álvarez.

O prezo da inscrición é de 25 euros por neno, que deberá acudir acompañado dun adulto. As prazas son “moi limitadas” e as inscricións poden realizarse no correo ou no whatsapp da Tenda da Rita.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button