
A asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco prepárase para celebrar o seu Samaín Obarcoaberto cunha programación completa e variada, dirixida a un público familiar e infantil, o sábado 2 de novembro.
A campaña terá lugar no pavillón vello do Barco de Valdeorras en horario de 11 a 13 horas e incluirá pintacaras, photocall de Samaín, mesa de chuches, palomitera e dous obradoiros creativos infantís: un guiado polo equipo de Artesanía Cousanosa para realizar un castelo; e outro dirixido polo Mundo de Popitas para facer uns candelabros.
Para poder gozar destas actividades será obrigatorio realizar unha inscrición previa, do 28 ao 31 de outubro (de 9 a 13 e de 16 a 19 horas) na oficina do Centro Comercial Aberto situada no Viveiro de empresas do Barco presentando un ticket, por importe mínimo de 5 euros e de compras realizadas durante o prazo de inscrición, dalgún establecemento asociado.

A campaña continuará pola tarde co túnel do terror para nenos, mozos e adultos instalado na rúa Doutor Pérez Lista, ás 19:30 horas en primeiro pase e 21 horas en segundo pase. Para poder acceder será necesario entregar un ticket de compra dalgún establecemento asociado por importe mínimo de 5 euros polo que terán acceso un adulto e un neno (menor de 12 anos).
Sen ticket de compra a entrada en despacho de billetes sería de 5 euros por persoa e co diñeiro recadado sortearase un vale ou vales de compra (dependendo da cantidade recadada) na campaña de Nadal.
Dende o CCA recomendan aos participantes n campaña Samaín Obarcoaberto “vir disfrazados para desfrutar moito máis da experiencia”.



