ConcellosÚltima hora

Obras de abastecemento, saneamento e beirarrúas na zona de A Costa, na Rúa

A actuación está incluída nos Plans Provinciais de 2018 e ascende a 48.000 euros

A xente que entre estes días na Rúa pola zona de San Roque, atoparase con obras. Trátase da mellora de beirarrúas, abastecemento e saneamento que afecta á marxe dereita (dirección centro da vila) da rúa San Roque, zona popularmente coñecida como A Costa.

Tal como avanza o alcalde Luis F. Gudiña, trátase dunha obra duns 48.000 euros de investimento incluídoa nos Plans Provinciais de 2018 que comezaba na xornada do 6 de febreiro.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button