CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Observación astronómica no Barco, co referente da Vía Láctea

Unhas 65 persoas se inscribían nesta actividade que se iniciaba arredor das 22:30h. este 3 de agosto no Salgueiral

 

Que é a Vía Láctea e cal é a súa relación co Camiño de Santiago? Era a pregunta á que daba resposta Pedro Pablo Campos, do Observatorio Ramón María Aller ao inicio da actividade de observación astronómica que se desenvolvía, a partir das 22:30h. desta noite, na área recreativa do Salgueiral (O Barco).

Nesta breve charla introdutoria con apoio audiovisual, na que Campos estaba acompañado polo matemático Xavier Pérez, tamén se explicaban os obxectos celestes que despois se ían ver durante a observación como a lúa, unha estrela dobre ou outro tipo de estrelas. Ademais, directamente no ceo contemplábanse o triángulo de verán ou a estrela Arturus.

 

 

Tras a exposición, dábase paso á observación a través de dous telescopios electrónico aos que, de forma ordeada e por grupos, ían pasando os participantes.

Unhas 65 persoas de todas as idades se inscribían nesta actividade que se leva celebrando nos últimos anos cunha moi acollida, tal e como sinalaba o concelleiro de Turismo do Barco, Eladio Santos, na apertura da actividade, na que daba á benvida aos asistentes.

Esta iniciativa forma parte do programa “O teu Xacobeo- As estrelas no Camiño”, na que participan o Xacobeo 20-21, O Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a Universidade de Santiago e o Concello do Barco.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button