EconomíaEconomíaÚltima hora

Observación do eclipse de lúa e orientación baixo as estrelas en Trevinca

Publicidade
Son dúas actividades astroturísticas que poderán desfrutarse na Veiga os días 27 e 28 de xullo

Dise que será o eclipse luar total máis longo do século (1 hora e 43 minutos). A perfecta aliñación de lúa, terra e sol, permitirá que, ademais de que a lúa sexa eclipsada, se volva vermella, creando unha imaxe realmente espectacular. Un espectáculo que terá lugar o 27 de xullo e que poderá desfrutarse de xeito especial dende Trevinca, destino Starlight.

Neste senso dende a a Asociación de Hostalería e Turismo de Trevinca (Trevihost) está prevista para esa data unha nova “experiencia Starlight” no paquete de Trevihost ” Eclipse Lúa Vermella en Trevinca https://www.celtiatravel.com/evento/eclipse-luna-roja-trevinca/

Dentro dese paquete está prevista unha actividade (gratuíta) o 27 de xullo ás 21:30h no Miradoiro Estelar Lagoa das Tablillas; a idea é ver o atardecer e prepararse para o eclipse máis longo do século XXI, tal e como se informa dende a Oficina de Turismo da Veiga.

Hai asemade outra proposta programada de cara ao 29 de xullo “Orientación baixo as estrelas”, que ten un custo de 10 euros. As inscricións poden realizarse no seguinte enderezo: https://goo.gl/forms/H7XwAEwXctJaITlS2.

“Esta actividade ten como obxectivo aprender a orientarse a través das estrelas, e consiste nunha ruta nocturna que partirá desde Xares (deixando os coches na entrada cerca do Sendeiro Estelar) ás 23:00 da noite. Deberán levar roupa adecuada para a andaina, non necesitarán linterna porque a propia lúa xa ilumina dabondo”, segundo a Oficina de Turismo da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button