“O maior campus de alto rendemento para o baloncesto feminino de todo o Estado, dende a categoría pre-infantil á cadete, seleccionounos como segunda sede para a celebración da súa VII edición”. Orgullosos anunciaban hai uns días a nova dende Oca Manzaneda, adiantando que as datas e categorías confirmadas desenvolveranse no mes de xullo.
Por primeira vez nos seus anos como referente, o VII Campus Winners engadirá unha segunda sede á xa tradicional en Amposta (Tarragona), que pasaría a ser o Campus Winners Mediterráneo, sendo o ubicado en Oca Manzaneda, o Campus Winners Atlántico que se desenvolverá do 7 ao 13 de xullo para a categoría mini, do 14 ao 20, para a categoría infantil, e do 21 ao 27, para a categoría cadete, cun programa completo de adquisición e perfeccionamento das habilidades técnicas e tácticas individuais e a súa xestión emocional.
Más información http://www.iamwinners.com/