ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Ofrenda do primeiro mosto da colleita 2023 a Santa Rita e ao Nazareno, no Barco

 

Estamos en plena novena do Cristo, cuxa data se conmemorará o vindeiro 14 de setembro, pero tamén en tempo de vendima, nunha comarca bendecida polo viño de calidade. Por iso, por segundo ano consecutivo a parroquia barquense rendía unha peculiar homenaxe a este sector.

Facíao na mañá deste domingo 10 de setembro, na igrexa de Santa Rita, antes da misa das 12:30 horas coa pisada de uvas e a ofrenda do primeiro mosto da colleita 2023 á Santa e tamén ao Nazareno.

 

Recollendo o mosto.

 

“Foi ano difícil en moitos momentos e seguramente a produción resultará mermada pero o que nos din é que a  calidade da uva é espectacular o que presupón que teremos uns viños excelentes, polo que o xesto que temos hoxe aquí é un xesto de fe, de petición de protección”, aseguraba o párroco, Jesús Álvarez, antes que os nenos se preparasen para o acto.

 

Ofrenda do primeiro mosto da colleita a Santa Rita.

 

No altar da igrexa e diante de todos os fegreses, Alejandro e Estefanía pisaban as uvas na tina instalada para a ocasión da que saía o mosto que o propio sacerdote recollía nuna xarra para ofrecelo diante da imaxe de Santa Rita.

A primeira edición da homenaxe, celebrada o ano pasado estivo adicada á Cooperativa Jesús Nazareno do Barco (que leva o nome do patrón da vila) “e os vindeiros estaráo a diferentes adegas da zona”, asegurana o párroco. Este ano a adega convidada era Godeval (Xagoaza).

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button