O vindeiro sábado 9 de xaneiro, en xornada de mañá e de tarde, celebrarase no pavillón polideportivo de Oira (Ourense), o Campionato Galego Sénior Feminino de Hockey Sala. Unha competición na que participarán os equipos ourensáns de CH Albor e Burgas Ourense, e o coruñés At. Coruña HC.
O primeiro partido previsto para as 9:30 horas, enfronará ás ourensás do Burgas Ourense e do CH Albor. O seguinte partido será ás 13 horas entre o At. Coruña HC e o CH Albor. O terceiro e último, previsto para as 17 horas, enfrontará ao Coruña HC e ao Burgas Ourense.
Unha vez remarada a competición, en torno ás 18 horas e no mesmo recinto, terá lugar a entrega de trofeos e medallas que contará coa presenza do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro.