Entre as actividades incluídas no amplo programa da “Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras” estaban as visitas ás adegas desta denominación. A organización dispoñía a saída de autobuses desde cinco cidades (catro delas galegas e unha de Castela e León): A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Ponferrada.
Cada un destes autobuses -oito en total- levaba aparellada unha ruta concreta con paradas e actividades específicas nas que os viaxeiros podían participar á súa chegada ao territorio amparado valdeorrés.
Ademais de coñecer as instalacións das adegas, os seus viñedos e, nalgúns casos as súas covas, tamén cataban os seus viños.

Así o programa incluía visitas as seguintes adegas: O Cepado, Adega da Pinguela, A Coroa, O Casal, Cova da Xabreira, Alán de Val, Roandi, Joaquín Rebolledo, Melillas e Godeval.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella, agás as 4 últimas da galería que son da Ruta do Viño de Valdeorras.
