CulturaCulturaÚltima hora

“Onde viven os monstros”, de Títeres Brincadeira, o 23 de abril na biblioteca do Barco

 

Unha historia de monstros para celebrar coa cativada o Día do Libro no Barco. A Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán acollerá a partir das 19h. do 23 de abril “Onde viven os monstros”. Esta peza infantil de monicreques da man de Títeres Brincadeira.

“Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hai que respectar aos demais”, explican dende a compañía.

A obra está dirixida a nenas e nenos a partir de 3 anos e vai acompañada de pequenos contos monstruosos: “O monstro de cores”, de Anna Llenas, e “Monstros na comida”, de Carmen Domech.
Esta obra está incluída no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button