ConcellosLaroucoÚltima hora

Oportunidades e novos cultivos no rural, nunhas xornadas en Larouco

 

Unhas xornadas abordarán o vindeiro 12 de novembro en Larouco a temática “oportunidades e novos cultivos”. Desenvolveranse a partir das 18h. nas antigas escolas desta localidade. “O reto demográfico é un problema moi grave e intrínseco na sociedade ourensá, a este problema temos que engadir a exclusión laboral que sofren moitas mulleres polo simple feito de selo nun entorno rural”, explican dende a organización, en mans da Asociación Galega de Mulleres Rurais-Agamur (contando co cofinanciamento da Deputación de Ourense e coa colaboración do Concello de Larouco).

Nesta sesión “queremos dar a coñecer un proxecto subvencionado pola Deputación e que aposta por amosar as oportunidades de traballo en determinados sectores e tamén de oportunidades de creación de autoemprego, de novas empresas, de novos cultivos, especialmente no medio rural. Agamur é unha asociación de mulleres, pero non queremos pechar a porta a ninguén, así que están abertas a que veñan homes tamén. Dende esta asociación podemos axudar a calquera que o necesite para poñer en marcha o seu proxecto, tanto sexa de búsqueda de emprego, como de autoemprego, se é o caso”, explica Eugenia Medina, presidenta de Agamur, que será a relatora das xornadas.

Así nesta charla exporanse as diferentes oportunidades “de traballo e negocio que existen, así mesmo darase información acerca das axudas e existentes”, co obxectivo de fixar poboación no medio rural.

Outro aspecto no que se incidirá será o dos novos cultivos e “as súas características e rentabilidade, e tamén darase a coñecer as opcións que ofrece Agamur para por en marcha este proxecto no que se fará unha analise inicial, unha formación específica e unha axuda continua en todo o proceso de posta en marcha dun proxecto ou inclusión laboral dos participantes”.

Artigos relacionados

Back to top button