CulturaCulturaÚltima hora

Orixinal obradoiro infantil de lámpadas de madeira na Feira Porto da Barca, no Barco

 

No marco da III Feira Porto da Barca que se está a celebrar na praza Maior do Barco, dentro das Festas do Casco Vello, na tarde deste sábado 15 de xuño tiña lugar un orixinal e exitoso obradoiro de infantil de lámpadas de madeira a cargo de Serendipia Creative.

Completábanse as 20 prazas ofertadas e durante máis de dúas horas, os cativos axudados polos pais ou familiares fabricaban as súas propias lámpadas personalizadas, a elixir entre varios modelos (un león, un cohete, un unicornio,…). Paso a paso e guiadas pola artista, os pequenos íanlle dando forma. Pintaron, pegaron con cola e finalmente colocaban as lámpadas led que daban o toque final.

 

Ás oito desta tarde abrirán de novo as casetas dos bares para continuar coa festa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button