A TeixeiraChandrexa de QueixaConcellosEn portadaManzanedaMontederramoSan Xoán de RíoTrivesViana do BoloVilariño de Conso

Os 10 concellos do GDR Sil-Bibei-Navea reducirán a brecha dixital dos seus veciños e empresas

Antena de rede de acceso punto multipunto que forma parte do do proxecto do GDR Sil-Bibei-Navea./ Foto cedida.

 

Os dez concellos que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea (Parada de Sil, Montederramo, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, A Pobra de Trives, Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo) están a desenvolver un proxecto para crear unha rede pública de telecomunicacións co obxectivo de rachar coa brecha dixital no rural e para eliminar moitas zonas de sombra e abaratar prezos dun servizo que debería ser esencial. Algo que se prevé sexa unha realidade a finais de marzo deste ano.

“Este proxecto é moi sinxelo, os concellos definirán uns costes básicos do servizo, moi por baixo do prezo do mercado, para que todos os veciños e empresas desfruten de conectividade a prezo reducido. Polo tanto, esta revolución dixital permitirá por unha banda chegar a lugares onde a día de hoxe non chegan as empresas privadas e por outro, nas zonas nas que xa se dá servizo, xerar unha competencia a empresa privada que reducirá os prezos e mellorará os seus servizos o existir alternativas para os usuarios”, segundo explica o presidente do GDR Sil-Bibei-Navea, Francisco Magide.

O alcalde de Xoán de Río e enxeñeiro de Telecomunicación, Xosé Miguel Perez, sinala que, por exemplo, nun fogar, unha liña básica con chamadas ilimitadas a fixos en España e 100 min de chamadas a móbles de España “terá un coste de 6€/mes. Falando de Internet, un fogar poderá ter unha conexión de alta velocidade, garantido ancho de banda de mais de 30 Mb cunha latencia inferior a 30 ms por 31 €/mes. Ademáis existirán paquetes que inclúen telefonía móbil ou televisión a través de Internet. Ademáis as empresas e particulares que o necesiten poderán disfrutar de ofertas personalizadas para velocidades de conexión maiores, o que amosa de maneira meridiana o abaratamento dos custe”.

 

Equipo da Rede Troncal Punto a Punto./ Foto cedida.

 

Con este proxecto, “París seguirá estando a 1.000 kms, Berlín a 2.000 kms, Moscú a 3.500 kms ou New York a 5.000 kms, mais agora, os 10 concellos que formamos o GDR Sil-Bibei-Navea estaremos a un click de calqueira parte do mundo. Isto terá lugar a finais do mes de marzo, unha data histórica que marcará un antes e un despois na conectividade da zona”, segundo os promotores da iniciativa.

“Se no século XX fíxose un esforzo para que a electricidade chegase ata o último recuncho e todas as casas tiveran luz, fora rentable ou non, non se entendería que hoxe en día non se loitase contra a brecha dixital e que a xente que vive no rural dispoña de conectividade de alta velocidade a internet”, sinalan dende o GRD Sil-Bibei-Navea.

Artigos relacionados

Back to top button