SanidadeÚltima hora

Os acompañantes dos pacientes ingresados nos hospitais galegos terán que presentar o certificado Covid

Así o vén de anunciar o conselleiro de Sanidade, tras reunión celebrada hoxe polo Subcomité Clínico

 

Aos acompañantes dos pacientes ingresados en hospitais galegos váiselles pedir o certificado Covid. Así o adiantaba o conselleiro de Sanidade, Julio García, tras a reunión celebrada polo Subcomité Clínico que fai seguimento da pandemia en Galicia. “Neste Subcomité vense de aprobar definitivamente a solicitude de pedir o certificado Covid aos acompañantes dos pacientes ingresados nos hospitais. Hai que lembrar que o certificado inclúe tanto a propia vacinación como a acreditación de ter superado a enfermidade ou ou ter feita unha proba nas últimas horas para acreditar que non se teña esa enfermidade”, indicaba.

O conselleiro de Sanidade tamén adiantaba que “imos estudar poder pedilo noutros entornos máis alá e tamén anunciamos que se van facer cribados quincenais a aqueles traballadores sanitarios que non aporten o cerficado de vacinación”. Isto entraría en vigor cando sexa validado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ademais, Julio García Comesaña insistía en que hai “manter a prudencia. Estamos vendo brotes familiares, pero tamén brotes en ceas, en festas, nas celebracións destes últimos días. Debemos lembrar que temos por diante outras festas e que hai que ser moi prudentes e manter ese criterio que viñamos aplicando de xeito permanente os galegos. Os brotes, aínda que comezan sendo importados, xa estamos a ver brotes que se desenvolven completamente en Galicia, o cal vén a incidir na importancia de manter esa prudencia, de manter a mascarilla nos interiores sempre, insistir na ventilación dos locais, reducir na medida do posible as agrupacións de xente e manter as distancias. E animar ás persoas que aínda non se vacinaron a que o fagan, temos abertos os puntos sen cita para ser vacinados”.

Artigos relacionados

Back to top button