Sen categorizar

Os actos dos Magostos obrigarán a pechar ao tráfico a rúa do Progreso de Ourense este venres e alterarán o percorrido dos buses

A circulación de vehículos á altura da Alameda estará acoutada este venres desde as 13.30 horas, e a Policía Local aconsella itinerarios alternativos para os desprazamentos pola cidade. Durante o corte suprimiranse as paradas desde O Posío até Xoán XXIII

 

As actividades programadas polo Concello de Ourense para celebrar a festividade do Magosto, este venres 11 de novembro, obrigan a modificar o tráfico rodado na rúa do Progreso á altura da Alameda. Así, a circulación de vehículos estará acoutada desde as 13.30 horas para a montaxe do escenario da Orquestra Panorama, e a Policía Local aconsella empregar itinerarios alternativos para os desprazamentos pola cidade.

 

 

Igualmente, mentres dure o corte de tráfico, suprimiranse as paradas de transporte urbano desde O Posío até Xoán XXIII, polo que o percorrido das liñas que transcorren pola Alameda verase alterado. As que se dirixan cara ao Parque de San Lázaro irán, desde o Xardín do Posío, por Pena Trevinca e a Avenida da Habana; en sentido contrario, xirarán en Xoán XXIII pola rúa Ervedelo e pola Avenida de Portugal até a rúa Marcelo Macías.

Desde o Concello de Ourense pídese comprensión ás persoas usuarias da vía. Todas as actuacións faranse de forma que lles causen as menores molestias aos cidadáns.

Artigos relacionados

Back to top button