A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Os alfombristas da parroquia de Santo Estevo (A Rúa) celebran o día do Apóstolo coa alfombra mundial do Xacobeo

 

Por segundo ano consecutivo os alfombristas da parroquia de Santo Estevo, na Rúa, participan no proxecto mundial impulsado pola Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, con motivo do día do Apóstolo (25 de xullo).

Cada un co seu estilo e técnica propia pero co mesmo deseño de Antonio Cunha, hoxe loce en numerosas cidades e vilas de países dos 5 continentes, a “Alfombra Mundial do Xacobeo”.

 

 

No caso da Rúa, a fermosa alfombra que loce dende primeira hora desta mañá de luns na praza César Conti, os veciños que traballaron arreo durante toda a noite, empregando centos de quilos de sal tinguida, ademais de legumes secas e verde natural. Tras horas de traballo o resultado é un espectacular manto cun peregrino en primeiro plano, o nome da localidade e os quilómetros que hai dende A Rúa ata Santiago de Compostela: 173.

Ademais desta alfombra común ao resto de participantes no proxecto, na praza locen outros catro deseños vencellados á mesma temática. “Son as alfombras que iamos facer o domingo do Corpus e non pudemos porque chovía”, explican dende o colectivo de alfombristas, engadindo que puideron aproveitar os deseños porque están adicados ao Xacobeo e ao Camiño de Inverno, entre eles a propia igrexa de Santo Estevo que se ubica en plena ruta xacobea.

Artigos relacionados

Back to top button