CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Os alumnos do CEIP Julio Gurriarán do Barco convértense en chefs por un día

Os escolares barquenses de 6º de Primaria participaron nun obradoiro de alimentación saudable

O CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras enchíase de cociñeiros na mañá do 5 de abril. Os alumnos de 6º  de Primaria participaron nun obradoiro de alimentación saudable incluído no proxecto “Nutrímonos do Barco”.

Ataviados con delantais e impolutos gorros de cociñeiro poñíanse mans á obra e, empregando froitas variadas (melóns, fresas, plátanos,…), boliños de pan e diversos produtos do mar com mexilóns, fixeron unha orixinal e saborosa composición artística. Un traballo que presentarán ao certame de proxectos que organiza a Consellería.

Fotos: CEIP Julio Gurriarán.

Artigos relacionados

Back to top button