O Salón de Plenos da Deputación de Ourense acolleu un pleno infantil no que 43 alumnos de 3º de Educación Infantil e de 4º da ESO do Colexio Padre Feojóo-Zorelle de Ourense, quen, acompañados polos seus profesores, e xunto ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, e aos deputados provinciais, Montserrat Lama e Manuel Doval, aprobaron “por maioría” mocións relativas a temas de melloras na mobilidade, medio ambiente e servizos sociais.
O presidente da Deputación de Ourense destacou a importancia de levar a cabo este tipo de eventos que achegan a institución aos máis novos e explicoulles aos alumnos as actividades que se desenvolven no Salón de Plenos da institución provincial.
Os alumnos propuxeron diferentes iniciativas de mobilidade e medioambiente, e o presidente destacou que neste senso ao pleno do vindeiro venres, correspondente ao mes de abril, irá unha proposta para destinar 200.000 euros a un plan de transporte metropolitano da comarca de Ourense.
Ao remate do pleno, cada alumno foi agasallado cunha medalla acreditativa e cos libros “O patrimonio provincial da ourensanía e Aproximación ao pensamento e ideoloxía de Vicente Risco”.