CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os alumnos de Maristas de Ourense participan nunha xornada formativa sobre o bo uso da auga

 

Os alumnos de Maristas canda Manuel Baltar nesta xornada formativa.

O alumnado de bacharelato do Colexio Maristas Santa María de Ourense participaron nunha xornada formativa titulada “A auga como recurso”, en colaboración coa Deputación. O evento tivo lugar esta mañá na Área Termal de Barbantes (Cenlle). Na súa intervención, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou a importancia de accións divulgativas como esta, “que conciencian sobre a importancia de preservar o principal tesouro que temos na provincia; a auga, para que todos actuemos con responsabilidade e sensibilidade cara ao noso ben máis prezado”.

O presidente do Goberno provincial dixo que en Ourene “auga e termalismo son dous conceptos unidos, que falan da nosa potencialidade como medio natural e que fan que poidamos manter alianzas internacionais nos ámbitos deportivo, institucional e con organizacións líderes no sector do medio ambiente, grazas á singularidade do noso termalismo”, e citou como exemplo o interese que amosan cada ano as seleccións nacionais de remo de diferentes países por realizar as súa tempada de adestramento no Centro de Adestramento de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño.

A xornada de hoxe enmárcase no proxecto que os alumnos de primeiro de Bacharelato do Colexio Maristas Santa María de Ourense están a desenvolver sobre a auga como “molécula de vida”, estudándoa dende os distintos puntos de vista, unha actividade tamén vencellada ao Plan “Ourense, a provincia termal”.

A xornada contou tamén coa participación do alcalde de Cenlle, Grabiel Alén, e da deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino, quen falaron da auga como recurso e ben indispensable neste concello e do termalismo da provincia, respectivamente.

A xornada continuou coa intervención de técnicos de AquaOurense quen explicaron a xestión do ciclo integral da auga no concello e tamén do control da calidade da auga no uso domiciliario. Os alumnos realizaron tamén experimentos e visitas referidas a depuración, saneamento e distribución da auga, e participaron nun relatorio sobre a auga termal ao longo da historia.

Artigos relacionados

Back to top button