Dende o Concello da Rúa avisan dun corte do subministro de auga domiciliaria para realizar a limpeza do depósito de auga de Fontei.
O corte será o mércores 10 de xullo dende a 1 ata as 14 horas nas seguinte zonas: da rúa O Santo á Casa Grande; As Encinas; A Santa; e a avenida de Barreais.